{"id":3494,"date":"2026-10-15T01:03:28","date_gmt":"2026-10-14T23:03:28","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.sindominio.net\/laricotta\/?page_id=3494"},"modified":"2026-10-19T16:44:30","modified_gmt":"2026-10-19T14:44:30","slug":"noticias-autinv-gz","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/blogs.sindominio.net\/laricotta\/noticias-autinv-gz\/","title":{"rendered":"Migraci\u00f3n de plataforma e poder"},"content":{"rendered":"\n<div class=\"wp-block-group alignwide is-nowrap is-layout-flex wp-container-core-group-is-layout-f56f613f wp-block-group-is-layout-flex\">\n<p class=\"has-text-color has-link-color wp-elements-1 wp-block-paragraph\" style=\"color:#134dde\"><a href=\"\/laricotta\/noticias-autinv-es\/\" data-type=\"link\" data-id=\"\/laricotta\/noticias-autinv-es\/\">Castellano<\/a><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-color has-link-color wp-elements-2 wp-block-paragraph\" style=\"color:#134dde\"><a href=\"\/laricotta\/noticias-autinv-en\/\" data-type=\"page\" data-id=\"1720\">English<\/a><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-color has-link-color wp-elements-3 wp-block-paragraph\" style=\"color:#134dde\"><a href=\"\/laricotta\/noticias-autinv-it\/\" data-type=\"page\" data-id=\"1733\">Italiano<\/a><\/p>\n<\/div>\n\n\n\n<hr class=\"wp-block-separator alignwide has-alpha-channel-opacity is-style-wide\" \/>\n\n\n<p class=\"alignwide test-hyphenation\" lang=\"gl\" style=\"text-align: justify;font-family: Palatino, &apos;Palatino Linotype&apos;, &apos;Book Antiqua&apos;, serif\">\n     <strong>Comezamos polo final \u2014<\/strong> Con data 19\/10\/2026, volvemos estar en li\u00f1a coa nosa p\u00e1xina web despois dunha ausencia dun mes durante o cal tivemos que buscar e co\u00f1ecer novas plataformas e proxectos que nos puidesen acoller, e finalmente adaptar a estrutura da antiga p\u00e1xina web, aloxada en <a href=\"https:\/\/web.archive.org\/web\/20260917212210\/https:\/\/noblogs.org\/\"><em>Noblogs.org<\/em><\/a>, \u00e1 nova en <a href=\"https:\/\/blogs.sindominio.net\"><em>Sindominio.net<\/em><\/a>, a plataforma que finalmente eliximos. Desde logo, non queremos falar desa migraci\u00f3n, en si mesma moi pouco interesante, sen\u00f3n dos acontecementos que nos forzaron a ela.\n<\/p>\n\n<p class=\"alignwide test-hyphenation\" lang=\"gl\" style=\"text-align: justify;font-family: Palatino, &apos;Palatino Linotype&apos;, &apos;Book Antiqua&apos;, serif\">\n     <strong>A calma antes da tormenta \u2014<\/strong> <a href=\"https:\/\/web.archive.org\/web\/20260917212210\/https:\/\/noblogs.org\/\"><em>Noblogs.org<\/em><\/a> era unha plataforma de blogs e p\u00e1xinas web xestionada polo colectivo italiano Autistici\/Inventati (A\/I) que, ademais, ofrec\u00eda de forma totalmente gratu\u00edta unha infraestrutura \u2014correo electr\u00f3nico, listas de correo, videoconferencias, chat e outros\u2014 alternativa \u00e1s grandes plataformas comerciais, implementando o modelo econ\u00f3mico de <em>servizos apoiados en doaz\u00f3ns<\/em>, unha encarnaci\u00f3n da idea <em>a cada un segundo as s\u00faas necesidades, de cada un segundo as s\u00faas posibilidades<\/em>. O \u00fanico requisito para desfrutar dos devanditos servizos era compartir <a href=\"https:\/\/web.archive.org\/web\/20260313102222\/https:\/\/www.inventati.org\/who\/policy\">os seus principios<\/a> \u2014que se poden resumir en antifascismo, antirracismo, antisexismo, antihomofobia, antitransfobia, antimilitarismo, anticapitalismo e antiautoritarismo\u2014, ser un proxecto de natureza non comercial e entender o seu <a href=\"https:\/\/web.archive.org\/web\/20260313102222\/https:\/\/www.inventati.org\/who\/manifesto\">manifesto<\/a>. O colectivo estaba constitu\u00eddo formalmente como asociaci\u00f3n (<em>Associazione Investici<\/em>) e a trav\u00e9s desa forma xur\u00eddica xestionaba a s\u00faa infraestrutura para proporcionar eses servizos. A s\u00faa historia comezou en 2001 a partir de persoas e colectivos interesados en tecnolox\u00eda, privacidade, dereitos dixitais e activismo pol\u00edtico, e, na s\u00faa navegaci\u00f3n ao longo dos anos, viu algo de ondada:\n<\/p>\n<ul class=\"alignwide\" style=\"list-style-type: &apos;\u2751  &apos;;padding-left: 3em\">\n         <li class=\"test-hyphenation\" lang=\"gl\" style=\"text-align: justify;font-family: Palatino, Palatino Linotype, Book Antiqua, serif\">\n            <span style=\"text-decoration: underline\"><em>2004: litixio civil ga\u00f1ado contra Trenitalia en defensa da s\u00e1tira<\/em><\/span> \u2014 A\/I ti\u00f1a aloxado unha <a href=\"https:\/\/web.archive.org\/web\/20260827040342\/https:\/\/www.autistici.org\/zenmai23\/trenitalia\/\">p\u00e1xina par\u00f3dica que imitaba a p\u00e1xina de inicio de Trenitalia<sup id=\"n1\"><\/sup><\/a><a href=\"#nota1\">1<\/a>, pero alteraba os seus contidos para criticar o transporte ferroviario de material militar destinado \u00e1s operaci\u00f3ns b\u00e9licas en Iraq, cambiando o eslogan orixinal <em>A onde queres que te levemos hoxe?<\/em> por <em>A onde queres que levemos os teus tanques hoxe?<\/em>. Trenitalia solicitou medidas cautelares contra a publicaci\u00f3n. O 3 de agosto de 2004 ditouse unha resoluci\u00f3n que obrigou a retirar a p\u00e1xina. A <em>Asociaci\u00f3n Investici<\/em> e outra persoa afectada recorreron. O 7 de setembro de 2004 o Tribunal de Mil\u00e1n estimou o recurso, revogou a medida cautelar anterior e rexeitou as pretensi\u00f3ns cautelares de Trenitalia. Ademais, condenou a empresa a pagar as custas de ambas as d\u00faas fases do procedemento, fixadas en 5.100 \u20ac, m\u00e1is os conceptos adicionais indicados na resoluci\u00f3n. O tribunal considerou que a p\u00e1xina constitu\u00eda unha expresi\u00f3n lex\u00edtima de s\u00e1tira e cr\u00edtica pol\u00edtica, protexida polo artigo 21 da Constituci\u00f3n italiana, relativo \u00e1 liberdade de expresi\u00f3n. Tam\u00e9n razoou que a parodia non requir\u00eda autorizaci\u00f3n previa do titular da p\u00e1xina imitada [<a id=\"cita1\" href=\"#ref1\">1<\/a>].\n         <\/li>\n         <li class=\"test-hyphenation\" lang=\"gl\" style=\"text-align: justify;font-family: Palatino, Palatino Linotype, Book Antiqua, serif\">\n             <span style=\"text-decoration: underline\"><em>2004-2005: acceso policial ao servidor<\/em><\/span> \u2014 No \u00e1mbito dunha investigaci\u00f3n sobre o grupo anarquista <a href=\"https:\/\/web.archive.org\/web\/20260831060038\/http:\/\/web.archive.org\/web\/20041020053714\/http:\/www.filiarmonici.org\/crocenera.html\"><em>Crocenera Anarchica<\/em><\/a> que levou \u00e1 incautaci\u00f3n da s\u00faa p\u00e1xina web aloxada por A\/I e \u00e1 retirada da s\u00faa conta de correo electr\u00f3nico [<a id=\"cita2\" href=\"#ref2\">2<\/a>], a polic\u00eda postal italiana, dirixida pola Fiscal\u00eda de Bolonia, comprometeu a seguridade do servidor principal de A\/I, monitorizando, interceptando e descifrando todo o tr\u00e1fico do servidor, sen que esa actividade fose comunicada a A\/I [<a id=\"cita3\" href=\"#ref3\">3<\/a>, <a id=\"cita4\" href=\"#ref4\">4<\/a>, <a id=\"cita5\" href=\"#ref5\">5<\/a>] (que a descubriu s\u00f3 un ano despois, decidindo adoptar unha arquitectura de servidor distribu\u00eddo redundante<sup id=\"n2\"><a href=\"#nota2\">2<\/a><\/sup> [<a id=\"cita8\" href=\"#ref8\">8<\/a>]). Esta acci\u00f3n policial foi considerada <em>probablemente abusiva e de alcance desproporcionado<\/em> [<a id=\"cita9\" href=\"#ref9\">9<\/a>].\n          <\/li>\n          <li class=\"test-hyphenation\" lang=\"gl\" style=\"text-align: justify;font-family: Palatino, Palatino Linotype, Book Antiqua, serif\">\n             <span style=\"text-decoration: underline\"><em>02-05 de xullo de 2007: bloque temporal de Noblogs.org<\/em><\/span> \u2014 O 2 de xullo de 2007 a plataforma <em>Noblogs.org<\/em> queda escurada. A raz\u00f3n \u00e9 ter aloxado o xogo <em>Pretofilia<\/em> do game designer <em>Molleindustria<\/em> (de nome real Paolo Pedercini) [<a id=\"cita10\" href=\"#ref10\">10<\/a>], acusado de ofender o sentimento relixioso e obxecto dunha interpelaci\u00f3n na C\u00e1mara dos Deputados acerca de <em>medidas para contrarrestar as ofensas ao sentimento relixioso e \u00e1s confesi\u00f3ns relixiosas<\/em> [<a id=\"cita11\" href=\"#ref11\">11<\/a>]. O 5 de xullo <em>Noblogs.org<\/em> \u00e9 novamente visible: o provider de EE.UU. onde a server de <em>Noblogs.org<\/em> estaba aloxado, comunicou que os seus contidos eran legales en EE.UU.\n          <\/li>\n          <li class=\"test-hyphenation\" lang=\"gl\" style=\"text-align: justify;font-family: Palatino, Palatino Linotype, Book Antiqua, serif\">\n             <span style=\"text-decoration: underline\"><em>2008-2011: Investigaci\u00f3n sobre ameazas e difamaci\u00f3n relacionada con CasaPound; comisi\u00f3ns rogatorias internacionais e rexistro dun servidor en Noruega<\/em><\/span> \u2014 Persoas vinculadas a <em>CasaPound<\/em>, organizaci\u00f3n neofascista italiana, denunciaron supostos actos intimidatorios e difamatorios: unha pintada nunha parede, pintura vermella nun timbre e textos publicados en p\u00e1xinas de Indymedia e Noblogs que se opo\u00f1\u00edan \u00e1 cesi\u00f3n de espazos p\u00fablicos a grupos neofascistas. En agosto de 2009, a asociaci\u00f3n foi interrogada como <em>persona informata sui fatti<\/em> \u2014persoa que pode achegar informaci\u00f3n sobre os feitos\u2014. Segundo o seu propio relato, explicou que non conservaba os rexistros de actividade (<em>logs<\/em>) da conta investigada nin os datos persoais do seu titular. A Fiscal\u00eda promoveu solicitudes de cooperaci\u00f3n xudicial internacional dirixidas a Noruega, Pa\u00edses Baixos e Su\u00edza para tentar obter eses datos. En novembro de 2010, a polic\u00eda norueguesa acudiu ao provedor que aloxaba un dos servidores de Autistici\/Inventati e copiou o contido dos seus discos. A asociaci\u00f3n afirmou que a operaci\u00f3n afectou a informaci\u00f3n duns 2.000 usuarios daquel servidor, a\u00ednda que a cobertura xornal\u00edstica contempor\u00e1nea ofreceu cifras superiores nalgunhas informaci\u00f3ns. O colectivo denunciou a desproporci\u00f3n de copiar un servidor completo cando a investigaci\u00f3n buscaba datos relativos a unha soa conta. Segundo o seu relato, restableceu os servizos noutros servidores aproximadamente d\u00faas horas despois e recuperou o funcionamento normal da infraestrutura en unhas 24 horas. A investigaci\u00f3n italiana subxacente acabou arquiv\u00e1ndose [<a id=\"cita12\" href=\"#ref12\">12<\/a>, <a id=\"cita13\" href=\"#ref13\">13<\/a>].\n          <\/li>\n<\/ul>\n\n<p class=\"alignwide test-hyphenation\" lang=\"gl\" style=\"text-align: justify;font-family: Palatino, &apos;Palatino Linotype&apos;, &apos;Book Antiqua&apos;, serif\">\n     Todos estes procedementos seguiron v\u00edas xudiciais ordinarias, sen que o colectivo A\/I obtivese unha cualificaci\u00f3n especial por parte das autoridades italianas.\n<\/p>\n\n<p class=\"alignwide test-hyphenation\" lang=\"gl\" style=\"text-align: justify;font-family: Palatino, &apos;Palatino Linotype&apos;, &apos;Book Antiqua&apos;, serif\">\n     Co tempo, A\/I destacou como provedor de ferramentas de software libre para autores [<a id=\"cita14\" href=\"#ref14\">14<\/a>] e pasou a ser unha referencia habitual nas gu\u00edas de autodefensa fronte \u00e1 vixilancia e de protecci\u00f3n da privacidade [<a id=\"cita15\" href=\"#ref15\">15<\/a>]. Tras as <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Snowden_disclosures\">revelaci\u00f3ns de Snowden<\/a>, estas infraestruturas activistas recibiron unha onda de novos usuarios que prefer\u00edan un provedor de correo que non entregase datos persoais cando o Estado o requirise. Medios como <a href=\"https:\/\/www.genbeta.com\/\"><em>Genbeta<\/em><\/a> inclu\u00edrono entre as alternativas de correo tras o peche de <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Lavabit\"><em>Lavabit<\/em><\/a>, e un aviso de seguridade da secci\u00f3n brit\u00e1nica do sindicato IWW citouno como alternativa a <a href=\"https:\/\/riseup.net\/es\"><em>Riseup<\/em><\/a><sup id=\"n3\"><a href=\"#nota3\">3<\/a><\/sup> [<a id=\"cita8\" href=\"#ref8\">8<\/a>]. Ademais, foi obxecto de estudo polo seu papel na historia do movemento hacker [<a id=\"cita16\" href=\"#ref16\">16<\/a>] e no \u00e1mbito das identidades dixitais e redes sociais [<a id=\"cita17\" href=\"#ref17\">17<\/a>].\n<\/p>\n\n<p class=\"alignwide test-hyphenation\" lang=\"gl\" style=\"text-align: justify;font-family: Palatino, &apos;Palatino Linotype&apos;, &apos;Book Antiqua&apos;, serif\">\n     <strong>Chega a tempestade \u2014<\/strong> Desde a s\u00faa fundaci\u00f3n, en 2001, ata o 25 de agosto de 2026, o colectivo A\/I navegou con relativa tranquilidade, vistas as ondadas que acabamos de describir. Con todo, o 26 de agosto, un acontecemento inesperado \u2014tanto polo momento como pola s\u00faa (des)proporci\u00f3n\u2014 ocorreu: o Departamento de Estado dos EE.UU., co Departamento do Tesouro, anunciou a designaci\u00f3n de A\/I como <em>\u00abspecially designated global terrorists\u00bb<\/em> [<a id=\"cita18\" href=\"#ref18\">18<\/a>]. Na nota de prensa [<a id=\"cita18\" href=\"#ref18\">18<\/a>], A\/I \u00e9 definido como un <em>\u00abgrupo extremista que constr\u00fae e opera infraestruturas dixitais para c\u00e9lulas Antifa<sup id=\"n4\"><a href=\"#nota4\">4<\/a><\/sup> violentas e outros militantes de extrema esquerda en todo o mundo\u00bb<\/em>. Ademais, a nota afirma que <em>\u00abestas ferramentas est\u00e1n pensadas <strong>especificamente<\/strong><sup id=\"n5\"><a href=\"#nota5\">5<\/a><\/sup> para apoiar as operaci\u00f3ns de redes de terroristas de extrema esquerda, constru\u00eddas para permitirlles organizarse, recrutar, comunicarse, diseminar propaganda, compartir informaci\u00f3n sobre os obxectivos e as t\u00e1cticas e levar a cabo ataques violentos \u2014 todo isto mantendo o anonimato, sen deixar rastro e f\u00f3ra do alcance da lei\u00bb<\/em>. O colectivo A\/I publicou ese mesmo d\u00eda unha nota de prensa na que rexeitaba as acusaci\u00f3ns enfatizando o seu \u00ab<em>compromiso de ofrecer unha plataforma de ferramentas de autodefensa dixital que responda \u00e1 necesidade de comunicaci\u00f3n libre de activistas e doutras persoas, grupos e asociaci\u00f3ns<\/em>\u00bb e declarando que \u00ab<em>Antifascismo e anticapitalismo non son terrorismo. Protestar non \u00e9 terrorismo. E todas as persoas te\u00f1en dereito a alzar a voz e a loitar pola humanidade<\/em>\u00bb [<a id=\"cita28\" href=\"#ref28\">28<\/a>]. A\u00ednda que a devandita designaci\u00f3n non ten xurisdici\u00f3n f\u00f3ra dos EE.UU., tivo repercusi\u00f3ns inmediatas: \n<\/p>\n\n<ul class=\"alignwide\" style=\"list-style-type: &apos;\u2751  &apos;;padding-left: 3em\">\n         <li class=\"test-hyphenation\" lang=\"gl\" style=\"text-align: justify;font-family: Palatino, Palatino Linotype, Book Antiqua, serif\">\n            <span style=\"text-decoration: underline\"><em>27 de agosto de 2026<\/em><\/span> \u2014 A conta PayPal que o colectivo A\/I adoitaba usar para recibir doaz\u00f3ns foi pechada sen notificaci\u00f3n previa. \n         <\/li>\n         <li class=\"test-hyphenation\" lang=\"gl\" style=\"text-align: justify;font-family: Palatino, Palatino Linotype, Book Antiqua, serif\">\n            <span style=\"text-decoration: underline\"><em>28 de agosto de 2026<\/em><\/span> \u2014 O dominio web <em>autistici.org <\/em> atopouse inaccesible: a entidade <em>Public Interest Registry<\/em> (PIR), rexistro do dominio <em>.org<\/em><sup id=\"n6\"><a href=\"#nota6\">6<\/a><\/sup>, decidiu impedir a publicaci\u00f3n ou resoluci\u00f3n normais do DNS<sup id=\"n7\"><a href=\"#nota7\">7<\/a><\/sup>.\n          <\/li>\n          <li class=\"test-hyphenation\" lang=\"gl\" style=\"text-align: justify;font-family: Palatino, Palatino Linotype, Book Antiqua, serif\">\n            <span style=\"text-decoration: underline\"><em>28 de agosto de 2026<\/em><\/span> \u2014 Noblogs.org sofre un ataque e A\/I desact\u00edvao para asegurarlo e, nun segundo momento, volve po\u00f1elo en li\u00f1a en modo de s\u00f3 lectura.\n          <\/li>\n          <li class=\"test-hyphenation\" lang=\"gl\" style=\"text-align: justify;font-family: Palatino, Palatino Linotype, Book Antiqua, serif\">\n            <span style=\"text-decoration: underline\"><em>01-12 de setembro de 2026<\/em><\/span> \u2014 Banca Popolare Etica, o banco onde a <em>Associazione Investici<\/em> ti\u00f1a a s\u00faa conta corrente, despois de comunicar a s\u00faa intenci\u00f3n de suspender temporalmente a conta que conti\u00f1a todo o financiamento da asociaci\u00f3n obtido a trav\u00e9s de doaz\u00f3ns, f\u00edxoa efectiva o d\u00eda 4 de setembro de forma unilateral. A suspensi\u00f3n afectou tanto aos ingresos como aos pagos, impedindo a A\/I non s\u00f3 recibir doaz\u00f3ns, sen\u00f3n tam\u00e9n pagar aos seus provedores. Segundo Banca Popolare Etica, a entidade foi forzada, nun principio, a suspender e logo a pechar a conta bancaria de A\/I por mor de <em>sanci\u00f3ns secundarias<\/em>: a designaci\u00f3n de A\/I como <em>terrorista global especialmente designado<\/em> vi\u00f1a acompa\u00f1ada da inclusi\u00f3n do colectivo na lista OFAC (Office of Foreign Assets Control \u2014 Oficina de Control de Activos Estranxeiros: \u00e9 unha dependencia do Departamento do Tesouro dos EE.UU., que aplica as sanci\u00f3ns econ\u00f3micas e financeiras) [<a id=\"cita29\" href=\"#ref29\">29<\/a>], o que implicar\u00eda interromper todos os servizos que dependen de intermediarios dos EE.UU., como as tarxetas de d\u00e9bito e de cr\u00e9dito, causando un dano \u00e1 clientela do banco e po\u00f1endo en risco a s\u00faa propia existencia [<a id=\"cita30\" href=\"#ref30\">30<\/a>]. Con todo, esta postura de Banca Popolare Etica foi cuestionada polo propio A\/I, que o 08 de setembro de 2026 presentou ante o Tribunal de Pisa unha solicitude de medidas cautelares urxentes, con arreglo ao artigo 700 do C\u00f3digo de Procedemento Civil italiano, contra Banca Popolare Etica, co fin de obter o restablecemento inmediato do funcionamento da s\u00faa conta corrente ou a transferencia do saldo a outra conta [<a id=\"cita31\" href=\"#ref31\">31<\/a>]. Segundo o colectivo, a suspensi\u00f3n de todo tipo de operaci\u00f3ns, sen que o colectivo estea implicado en ning\u00fan procedemento en Italia ou na UE e s\u00f3 como consecuencia da s\u00faa inclusi\u00f3n nun r\u00e9xime sancionador dos EE.UU. sen posibilidade ningunha de defensa, sen ter recibido solicitudes de eliminaci\u00f3n de contidos concretos, queda sen fundamento; \u00e9 m\u00e1is, foi m\u00e1is al\u00f3 das implicaci\u00f3ns da inclusi\u00f3n nas listas OFAC, medida que prev\u00e9 un prazo ata o 25 de setembro para o peche das relaci\u00f3ns en curso [<a id=\"cita31\" href=\"#ref31\">31<\/a>]. Esta posici\u00f3n foi compartida tam\u00e9n por outras entidades e persoas; por exemplo, o 12 de setembro, Francesca Albanese \u2014 xurista italiana, experta en dereitos humanos e relatora especial das Naci\u00f3ns Unidas para os territorios palestinos ocupados \u2014 expresou o seu apoio \u00e1 solicitude de A\/I ante o Tribunal de Pisa afirmando que en 2025 o Tribunal de Monza ordenou a un banco manter aberta a conta corrente dun cliente sancionado polos EE.UU. porque a inclusi\u00f3n nas listas OFAC non obriga \u00e1 suspensi\u00f3n en Italia, sen que dita orde do Tribunal afectase \u00e1 existencia do banco en cuesti\u00f3n [<a id=\"cita32\" href=\"#ref32\">32<\/a>].  \n          <\/li>\n          <li class=\"test-hyphenation\" lang=\"gl\" style=\"text-align: justify;font-family: Palatino, Palatino Linotype, Book Antiqua, serif\">\n            <span style=\"text-decoration: underline\"><em>06 de setembro de 2026<\/em><\/span> \u2014  O colectivo A\/I decide interromper a s\u00faa actividade e disolverse \u00ab<em>para protexer os usuarios e as comunidades das manipulaci\u00f3ns e dos riscos legais e econ\u00f3micos que poder\u00edan derivarse dunha orde executiva ditada sen ning\u00fan respecto polo Estado de dereito.<\/em>\u00bb [<a id=\"cita33\" href=\"#ref33\">33<\/a>]. Esta decisi\u00f3n \u00e9 previa \u00e1 solicitude contra Banca Etica (08 de setembro de 2026).  \n          <\/li>\n          <li class=\"test-hyphenation\" lang=\"gl\" style=\"text-align: justify;font-family: Palatino, Palatino Linotype, Book Antiqua, serif\">\n            <span style=\"text-decoration: underline\"><em>18 de setembro de 2026<\/em><\/span> \u2014 A\/I pecha definitivamente: o tempo entre o anuncio do peche e da disoluci\u00f3n do colectivo (06 de setembro) e o peche efectivo (18 de setembro) deixouse para dar a posibilidade a todos os grupos e persoas usuarias de realizar unha copia de seguridade de p\u00e1xinas web, blogs, correos electr\u00f3nicos, etc. \n          <\/li>\n<\/ul>\n\n<p class=\"alignwide test-hyphenation\" lang=\"gl\" style=\"text-align: justify;font-family: Palatino, &apos;Palatino Linotype&apos;, &apos;Book Antiqua&apos;, serif\">\n     <strong>A calma despois da tempestade? Non: consecuencias e secuelas \u2014<\/strong> E volvemos ao punto de partida: a desaparici\u00f3n da p\u00e1xina web do <em>Proxecto La Ricotta<\/em> debeuse \u00e1 serie de acontecementos que resumimos aqu\u00ed, que deixan bastantes m\u00e1is secuelas ca a simple migraci\u00f3n dunha plataforma a outra. O peche de A\/I formula varios interrogantes sobre os que merece a pena reflexionar, especialmente nunha era como a nosa na que a comunicaci\u00f3n a trav\u00e9s dun medio como internet parece ser fundamental, pero tam\u00e9n pon de manifesto a nosa extrema vulnerabilidade na xesti\u00f3n desta ferramenta. Este escrito non \u00e9 o lugar para aventurarse en disquisici\u00f3ns, dadas tam\u00e9n a lonxitude do texto e a cantidade de informaci\u00f3n por analizar, desde a linguaxe orwelliana dos anuncios dos departamentos de Estado e do Tesouro dos EE.UU., pasando pola actuaci\u00f3n de Banca Etica, ata a pregunta de mil mill\u00f3ns de euros <em>que podemos facer?<\/em>. A intenci\u00f3n non \u00e9 eludir estas cuesti\u00f3ns, sen\u00f3n remitilas a (un ou m\u00e1is) eventos dedicados a estes temas que ter\u00e1n lugar no <em>Espazo La Ricotta<\/em> nun futuro pr\u00f3ximo e, se as circunstancias o requiren, a escritos dedicados, para darnos tempo de documentarnos a\u00ednda mellor, reflexionar e propo\u00f1er, procurando evitar o <em>falar por falar<\/em>.\n<\/p>\n\n<br>\n\n<div class=\"alignwide test-hyphenation\" lang=\"gl\" style=\"text-align: justify;font-family: Palatino, &apos;Palatino Linotype&apos;, &apos;Book Antiqua&apos;, serif\">\n     <strong>Notas<\/strong>\n     <br>\n     <p id=\"nota1\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n        <a href=\"#n1\">1<\/a>. <em>Trenitalia<\/em> \u00e9 o principal operador ferroviario de pasaxeiros de Italia, constitu\u00eddo como sociedade an\u00f3nima \u00edntegramente controlada polo Estado italiano a trav\u00e9s do grupo <em>Ferrovie dello Stato Italiane<\/em>.\n    <\/p>\n    <p id=\"nota2\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n        <a href=\"#n2\">2<\/a>. En palabras sinxelas, unha <em>arquitectura de servidor distribu\u00eddo redundante<\/em> organiza un servizo en internet para que non dependa dun \u00fanico ordenador: varios servidores, normalmente en lugares distintos, gardan a mesma informaci\u00f3n e rep\u00e1rtense o traballo. Se un falla ou se satura, outro asume a s\u00faa tarefa de forma autom\u00e1tica e, por regra xeral, os usuarios nin o notan. A diferenza dunha copia de seguridade (que serve para recuperar datos tras un desastre), a redundancia mant\u00e9n o servizo activo mentres o fallo ocorre. Reduce moito o risco de interrupci\u00f3n, pero non o elimina: se falla algo com\u00fan a todos os servidores, como a rede ou un erro de configuraci\u00f3n, o servizo pode caer igualmente. Para afondar no tema dos <em>sistemas distribu\u00eddos<\/em>, v\u00e9xase [<a id=\"cita6\" href=\"#ref6\">6<\/a>, <a id=\"cita7\" href=\"#ref7\">7<\/a>].\n    <\/p>\n    <p id=\"nota3\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n        <a href=\"#n3\">3<\/a>. <em>Riseup<\/em> \u00e9 un colectivo aut\u00f3nomo con sede en Seattle e membros repartidos polo mundo que, <a href=\"https:\/\/riseup.net\/es\/about-us\">segundo a s\u00faa propia descrici\u00f3n<\/a>, ofrece correo electr\u00f3nico e outros medios de comunicaci\u00f3n electr\u00f3nica a persoas e organizaci\u00f3ns comprometidas con loitas contra o capitalismo e outras formas de opresi\u00f3n. Parte da idea de que a infraestrutura de comunicaci\u00f3n esencial debe estar controlada por organizaci\u00f3ns sociais e non por empresas nin gobernos, aos que acusa de vixiar as mensaxes dos usuarios e de ceder \u00e1s esixencias estatais de control. Comprom\u00e9tese a non gardar os enderezos IP de quen se conecta, a almacenar os datos cifrados, a non compartilos con terceiros, a resistirse \u00e1s petici\u00f3ns de informaci\u00f3n e a non ler os correos salvo en procesos autom\u00e1ticos contra virus e spam ou se o propio usuario o solicita para resolver un problema. Def\u00ednese como unha organizaci\u00f3n anticapitalista e antiautoritaria, baseada na autonom\u00eda, a axuda mutua e o control social da tecnolox\u00eda, que pretende constru\u00edr unha infraestrutura de comunicaci\u00f3n alternativa ao sistema vixente.\n    <\/p>\n    <p id=\"nota4\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n        <a href=\"#n4\">4<\/a> Co termo <em>Antifa<\/em> nos EE.UU. ind\u00edcase un <em>movemento pol\u00edtico<\/em> de esquerdas, antifascista e antirracista. Ao ser un movemento, Antifa <em>non \u00e9 unha organizaci\u00f3n cunha estrutura<\/em>, sen\u00f3n que unha variedade de grupos e individuos poden reco\u00f1ecerse nel por afinidade ideol\u00f3xica [<a id=\"cita19\" href=\"#ref19\">19<\/a>]. A\u00ednda que, segundo investigaci\u00f3ns acad\u00e9micas, os m\u00e9todos empregados por grupos e individuos que se reco\u00f1ecen como <em>Antifa<\/em> sexan non violentos [<a id=\"cita20\" href=\"#ref20\">20<\/a>] e Antifa non sexa unha organizaci\u00f3n [<a id=\"cita19\" href=\"#ref19\">19<\/a>], o 22 de setembro de 2025 o presidente dos EE.UU., Donald Trump, asinou unha orde executiva que designa a <em>Antifa<\/em> como unha <em>organizaci\u00f3n terrorista dom\u00e9stica<\/em> [<a id=\"cita21\" href=\"#ref21\">21<\/a>]. Mesmo antes da sinatura da orde executiva, considerouse que a posibilidade de tal medida exced\u00eda a autoridade da presidencia e violaba a Primeira Emenda [<a id=\"cita22\" href=\"#ref22\">22<\/a>, <a id=\"cita23\" href=\"#ref23\">23<\/a>], con varios estudos que apuntan \u00e1 ausencia de motivos para considerar ese movemento un risco importante de terrorismo dom\u00e9stico [<a id=\"cita24\" href=\"#ref24\">24<\/a>&#8211;<a id=\"cita27\" href=\"#ref27\">27<\/a>].\n    <\/p>\n    <p id=\"nota5\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n        <a href=\"#n5\">5<\/a>. A <em><strong>negri\u00f1a<\/strong><\/em> \u00e9 unha nota de redacci\u00f3n.\n    <\/p>\n    <p id=\"nota6\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n        <a href=\"#n6\">6<\/a>. <em>Public Interest Registry (PIR)<\/em> \u00e9 unha organizaci\u00f3n sen \u00e1nimo de lucro, creada en 2002 pola <em>Internet Society<\/em>, que xestiona o rexistro do dominio <em>.org<\/em> (a base de datos oficial dos nomes que rematan en <em>.org<\/em>) en virtude dun contrato coa ICANN, a entidade que coordina o sistema mundial de nomes de dominio.\n    <\/p>\n    <p id=\"nota7\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n        <a href=\"#n7\">7<\/a>. Ao manter a base de datos oficial dos nomes que rematan en <em>.org<\/em>, <em>PIR<\/em> pode deixar un dominio sen funcionar sen tocar os servidores onde est\u00e1 aloxado: abonda con suspender a s\u00faa resoluci\u00f3n, de modo que o nome deixe de traducirse nun enderezo e os servizos asociados (web, correo) deixen de ser accesibles.\n    <\/p>\n<\/div>\n\n<br>\n\n<div class=\"alignwide test-hyphenation\" lang=\"gl\" style=\"text-align: justify;font-family: Palatino, &apos;Palatino Linotype&apos;, &apos;Book Antiqua&apos;, serif\">\n     <strong>Referencias<\/strong>\n     <br>\n     <p id=\"ref1\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n        [<a href=\"#cita1\">1<\/a>]\n           Tribunale di Milano &#8211; Sezione Feriale, <em>Sentenza sul caso Associazione Investici &#8211; Trenitalia spa<\/em>, 7 de setembro de 2004, <a href=\"https:\/\/www.peacelink.it\/diritto\/a\/8119.html\">Texto da orde reproducido integramente por PeaceLink<\/a> \u2014 en italiano (Consultado o 17 de outubro de 2026).\n      <\/p>\n      <p id=\"ref2\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n         [<a href=\"#cita2\">2<\/a>]\n               Autistici\/Inventati, <a href=\"https:\/\/web.archive.org\/web\/20260826182342\/https:\/\/www.autistici.org\/ai\/crocenera\/index.php\"><em>Sequestro preventivo della casella di Crocenera<\/em><\/a>, 27 de maio de 2005, autistici.org \u2014 en italiano (Consultado o 17 de outubro de 2026 a trav\u00e9s de <em>Internet Archive Wayback Machine<\/em>).\n      <\/p>\n      <p id=\"ref3\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n         [<a href=\"#cita3\">3<\/a>]\n             Redacci\u00f3n de Punto Informatico, <a href=\"https:\/\/www.punto-informatico.it\/un-nuovo-crackdown-italiano\/\"><em>Un nuovo crackdown italiano?<\/em><\/a>, 24 de xu\u00f1o de 2005, Punto Informatico \u2014 en italiano (Consultado o 17 de outubro de 2026).\n      <\/p>\n      <p id=\"ref4\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n         [<a href=\"#cita4\">4<\/a>]\n             Andrea Glorioso, <a href=\"https:\/\/edri.org\/our-work\/edrigramnumber3-13backdoor\/\"><em>Police backdoor discovered in Italian alternative server<\/em><\/a>, 29 de xu\u00f1o de 2005, European Digital Rights (EDRi) Network \u2014 en ingl\u00e9s (Consultado o 17 de outubro de 2026).\n      <\/p>\n      <p id=\"ref5\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n         [<a href=\"#cita5\">5<\/a>]\n             A. Sa., <a href=\"https:\/\/www.corriere.it\/Primo_Piano\/Scienze_e_Tecnologie\/2005\/06_Giugno\/28\/crocenera.html\"><em>A rischio la privacy de 30.000 utenti<\/em><\/a>, 28 de xu\u00f1o de 2005, Corriere della Sera \u2014 en italiano (Consultado o 17 de outubro de 2026).\n      <\/p>\n      <p id=\"ref6\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n         [<a href=\"#cita6\">6<\/a>] Kate Matsudaira, <a href=\"https:\/\/aosabook.org\/en\/v2\/distsys.html\"><em>Scalable Web Architecture and Distributed Systems<\/em><\/a>, cap\u00edtulo de <a href=\"https:\/\/aosabook.org\/en\/index.html\"><em>The Architecture of Open Source Applications. Volume II: Structure, Scale and a Few More Fearless Hacks<\/em><\/a>, Amy Brown &amp; Greg Wilson Eds., 2012, AOSA Books \u2014 en ingl\u00e9s.   \n      <\/p>\n      <p id=\"ref7\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n         [<a href=\"#cita7\">7<\/a>] Maarten Van Steen, Andrew S. Tanenbaum, <a href=\"https:\/\/www.distributed-systems.net\/index.php\/books\/ds4\/\"><em>Distributed Systems<\/em><\/a>, 4.\u00aa ed., <a href=\"https:\/\/www.distributed-systems.net\/\">distributed-systems.net<\/a>, 2023 \u2014 en ingl\u00e9s.\n      <\/p>\n      <p id=\"ref8\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n         [<a href=\"#cita8\">8<\/a>]\n             Autistici\/Inventati, <a href=\"https:\/\/publish.fid-media.de\/server\/api\/core\/bitstreams\/f8e99026-0049-4da6-bd2e-1b5a9d84b477\/content\"><em>+KAOS. Ten Years of Hacking and Media Activism<\/em><\/a>, abril de 2017, Institute of Network Cultures \u2014 en ingl\u00e9s (Consultado o 17 de outubro de 2026).\n      <\/p>\n      <p id=\"ref9\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n         [<a href=\"#cita9\">9<\/a>]\n             Andrea Monti, <em>Abusivo il sequestro ai danni di Autistici.org?<\/em>, setembro de 2005,  <a href=\"https:\/\/archive.org\/details\/pcprofessionale174\/page\/281\/mode\/2up\">PC Professionale<\/a> \u2014 en italiano (Consultado o 17 de outubro de 2026 a trav\u00e9s de <em>Internet Archive Wayback Machine<\/em>).\n      <\/p>\n      <p id=\"ref10\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n         [<a href=\"#cita10\">10<\/a>]\n               Marco Calamari, <a href=\"https:\/\/www.punto-informatico.it\/cassandra-crossing-internet-un-reato-dopinione\/\"><em>Internet \u00e8 un reato di opinione?<\/em><\/a>, 4 de xullo de 2007, Punto Informatico \u2014 en italiano (Consultado o 17 de outubro de 2026).\n       <\/p>\n       <p id=\"ref11\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n          [<a href=\"#cita11\">11<\/a>]\n               Camera dei deputati, <a href=\"https:\/\/documenti.camera.it\/_dati\/leg15\/lavori\/stenografici\/sed179\/s140.htm#STitolo22%2060\"><em>Resoconto stenografico dell&#8217;assemblea<\/em><\/a>, Seduta n. 179 del 28\/6\/2007 \u2014 en italiano (Consultado o 17 de outubro de 2026).\n      <\/p>\n      <p id=\"ref12\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n          [<a href=\"#cita12\">12<\/a>]\n                Autistici\/Inventati, <a href=\"https:\/\/web.archive.org\/web\/20260826182342\/https:\/\/www.autistici.org\/ai\/crackdown-2010\/\"><em>Norwegian crackdown: fatti e note a margine<\/em><\/a>, 22 de novembro de 2010, autistici.org \u2014 en italiano (Consultado o 17 de outubro de 2026 a trav\u00e9s de <em>Internet Archive Wayback Machine<\/em>).\n      <\/p>\n      <p id=\"ref13\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n          [<a href=\"#cita13\">13<\/a>]\n              Arturo Di Corinto, <a href=\"https:\/\/dicorinto.it\/associazionismo\/sequestro-server-autisticiinventati\/\"><em>Sequestro server Autistici\/Inventati<\/em><\/a>, 3 de decembro de 2010, dicorinto.it \u2014 en italiano (Consultado o 17 de outubro de 2026).\n      <\/p>\n      <p id=\"ref14\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n          [<a href=\"#cita14\">14<\/a>]\n              Alessandro Delfanti, <a href=\"https:\/\/delfanti.org\/wp-content\/uploads\/2013\/05\/biohackers_book.pdf\"><em>Biohackers. The politics of open science<\/em><\/a>, London: <a href=\"https:\/\/www.plutobooks.com\/\">Pluto Press<\/a>, 2013 \u2014 en ingl\u00e9s.\n      <\/p>\n      <p id=\"ref15\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n          [<a href=\"#cita15\">15<\/a>]\n              Pepsy, <a href=\"https:\/\/archive.org\/details\/umanita_nova_095.01\/mode\/2up\"><em>I tanti aspetti della repressione<\/em><\/a>, 18 de xaneiro de 2015, Umanit\u00e0 Nova \u2014 en italiano (Consultado o 17 de outubro de 2026 a trav\u00e9s de <em>Internet Archive Wayback Machine<\/em>).\n      <\/p>\n      <p id=\"ref16\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n          [<a href=\"#cita16\">16<\/a>]\n              Johan S\u00f6derberg, Maxigas, <a href=\"https:\/\/watermark02.silverchair.com\/book_9780262372008.pdf?token=AQECAHi208BE49Ooan9kkhW_Ercy7Dm3ZL_9Cf3qfKAc485ysgAAAj8wggI7BgkqhkiG9w0BBwagggIsMIICKAIBADCCAiEGCSqGSIb3DQEHATAeBglghkgBZQMEAS4wEQQMLk_9jaRy2baIVT_3AgEQgIIB8sTSpLn9R5l6nVIuwfSoq-aAM4jVNkNaRTy2t9wNDd8-ywbfo2UjCSmmlpi--5px4PLRU4CPQYKVNvZaXFaAB3NAWVGt3lz5ZTYhc2ZtpS_5ZC5svjzFLGYRFL9YRq1F8BEE2ZYEmLBmwNoWwpcxDtKex3Sy709xtGUJ8Pcn4TMJIr_DUznL0C79gdIyRjWgaMmkihWG181aCfF7l2bV8qmUjxi1eCz13s3Kj27PNbz8DsuwVdb0qJzaTc-uwxd2XHQIS7kGHu4ncsCuy1XtrWtYfEPe-jb5cfdAdB-yDtGrIit0YG4nQZij_es6h5T5CmRJqzMLuGv3WQhAwDBhOWau0XgEs5XcF-Ex7QV9SnoBSqVlGdNRPABcmvXDEnPtUHGhY5mZC_rTU_agdS5WDTw3lsnoCP6Oi29dJz8CFDh7HJMnvORqNSJSELBmM1U31wSVwkr0LG8R-1d3_q2Ys44fG3iDD9hlyAxatL8uzfqWWIC2mmVDDw_Ezcjours_R-2aLghl3BO7iFK4c47CufhTU_SWaKeE1fqYnLrXX5LLcMmuZVF4dtyH14hXP2G-RSzhEwW9KZFr-5OPdSc0slMbLbnBmLk1iBTPvNtCxFwab20xqYmORdJ38-HiyHTXhe_uaURqLq32iURdg2udSm_3lQ\"><em>Resistance to the Current: The Dialectics of Hacking<\/em><\/a>, The MIT Press, DOI: <a href=\"https:\/\/doi.org\/10.7551\/mitpress\/13466.001.0001\">10.7551\/mitpress\/13466.001.0001<\/a>, 2022 \u2014 en ingl\u00e9s.\n      <\/p>\n      <p id=\"ref17\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n          [<a href=\"#cita17\">17<\/a>]\n              Ippolita, <a href=\"https:\/\/archive.org\/details\/ippolita-anime-elettriche.-riti-e-miti-social\/mode\/2up\"><em>Anime Elettriche<\/em><\/a>, Jaca Book, 2016 \u2014 en italiano.\n      <\/p>\n      <p id=\"ref18\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n          [<a href=\"#cita18\">18<\/a>]\n              Office of the Spokesman, U.S. Department of State, <a href=\"https:\/\/www.state.gov\/releases\/office-of-the-spokesperson\/2026\/08\/designation-of-autistici-inventati-as-a-specially-designated-global-terrorist\/\"><em>Designation of Autistici\/Inventati as a Specially Designated Global Terrorist<\/em><\/a>, 26 de agosto de 2026, Press Release DoS \u2014 en ingl\u00e9s (Consultado o 17 de outubro de 2026).\n      <\/p>\n      <p id=\"ref19\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n          [<a href=\"#cita19\">19<\/a>]\n              Anti-Defamation League, <a href=\"https:\/\/web.archive.org\/web\/20230213095136\/https:\/\/www.adl.org\/resources\/backgrounder\/who-are-antifa\"><em>Who are Antifa?<\/em><\/a>, 30 de agosto de 2017, adl.org \u2014 en ingl\u00e9s (Consultado o 17 de outubro de 2026 a trav\u00e9s de <em>Internet Archive Wayback Machine<\/em>).\n      <\/p>\n      <p id=\"ref20\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n          [<a href=\"#cita20\">20<\/a>]\n              Lachlan Jaccoud, Lorena Molnar, Marcelo F. Aebi, <a href=\"https:\/\/link.springer.com\/content\/pdf\/10.1007\/s10610-023-09558-6.pdf\"><em>Antifa\u2019s Political Violence on Twitter: a Grounded Theory\nApproach<\/em><\/a>, Eur. J. Crim. Policy Res. <strong>29<\/strong>, 495-513 (2023). DOI:<a href=\"https:\/\/doi.org\/10.1007\/s10610-023-09558-6\">10.1007\/s10610-023-09558-6<\/a> \u2014 en ingl\u00e9s\n      <\/p>\n      <p id=\"ref21\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n          [<a href=\"#cita21\">21<\/a>]\n              Donald J. Trump, <a href=\"https:\/\/en.wikisource.org\/wiki\/Designating_Antifa_as_a_Domestic_Terrorist_Organization\"><em>Designating Antifa as a Domestic Terrorist Organization<\/em><\/a>, Order of September 22, 2025, Wikisource.\n      <\/p>\n      <p id=\"ref22\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n          [<a href=\"#cita22\">22<\/a>]\n              Evan P\u00e9rez, Jason Hoffmann, <a href=\"https:\/\/web.archive.org\/web\/20200602232720\/https:\/\/www.cnn.com\/2020\/05\/31\/politics\/trump-antifa-protests\/index.html\"><em>Trump tweets Antifa will be labeled a terrorist organization but experts believe that&#8217;s unconstitutional<\/em><\/a>, 31 de maio de 2020, CNN \u2014 en ingl\u00e9s (Consultado o 17 de outubro de 2026 a trav\u00e9s de <em>Internet Archive Wayback Machine<\/em>).\n      <\/p>\n      <p id=\"ref23\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n          [<a href=\"#cita23\">23<\/a>]\n              Maggie Haberman, Charlie Savage, <a href=\"https:\/\/web.archive.org\/web\/20200602174233\/https:\/\/www.nytimes.com\/2020\/05\/31\/us\/politics\/trump-antifa-terrorist-group.html\"><em>Trump, Lacking Clear Authority, Says U.S. Will Declare Antifa a Terrorist Group<\/em><\/a>, 31 de maio de 2020, The New York Times \u2014 en ingl\u00e9s (Consultado o 17 de outubro de 2026 a trav\u00e9s de <em>Internet Archive Wayback Machine<\/em>).\n      <\/p>\n      <p id=\"ref24\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n          [<a href=\"#cita24\">24<\/a>]\n              Gary LaFree, <a href=\"https:\/\/link.springer.com\/content\/pdf\/10.1007\/s12115-018-0246-x.pdf\"><em>Is Antifa a Terrorist Group?<\/em><\/a>, Soc. <strong>55<\/strong>, 248-252 (2018), DOI: <a href=\"https:\/\/doi.org\/10.1007\/s12115-018-0246-x\">10.1007\/s12115-018-0246-x<\/a>.\n      <\/p>\n      <p id=\"ref25\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n          [<a href=\"#cita25\">25<\/a>]\n              Nigel Copsey, Samuel Merril, <a href=\"https:\/\/www.jstor.org\/stable\/pdf\/26964730.pdf?refreqid=fastly-default%3A13b5378ffd6e1de69491e37f3cb2dc00&amp;ab_segments=&amp;initiator=&amp;acceptTC=1\"><em>Violence and Restraint within Antifa: A View from the United States<\/em><\/a>, Perspectives on Terrorism, Vol 14, No. 6 Special Issue: Restraint in Terrorist Groups and Radical Milieus (decembro de 2020), pp. 122-138.\n      <\/p>\n      <p id=\"ref26\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n          [<a href=\"#cita26\">26<\/a>]\n              Betsy Woodruff Swan, <a href=\"https:\/\/web.archive.org\/web\/20200904223039\/https:\/\/www.politico.com\/news\/2020\/09\/04\/white-supremacists-terror-threat-dhs-409236\"><em>DHS draft document: White supremacists are greatest terror threat<\/em><\/a>, 04 de setembro de 2020, Politico \u2014 en ingl\u00e9s (Consultado o 17 de outubro de 2026 a trav\u00e9s de <em>Internet Archive Wayback Machine<\/em>).\n      <\/p>\n      <p id=\"ref27\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n          [<a href=\"#cita27\">27<\/a>]\n              Celinet Duran, <a href=\"https:\/\/ccjls.scholasticahq.com\/article\/26973-far-left-versus-far-right-fatal-violence-an-empirical-assessment-of-the-prevalence-of-ideologically-motivated-homicides-in-the-united-states\"><em>Far-left versus Far-right Fatal Violence: An Empirical Assessment of the Prevalence of Ideologically Motivated Homicides in the United States<\/em><\/a>, Criminology, Criminal Justice, Law &amp; Society, Vol 22, Issue 2, pp 33-49 (2021) \u2014 en ingl\u00e9s.\n      <\/p>\n      <p id=\"ref28\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n          [<a href=\"#cita28\">28<\/a>]\n              Autistici\/Inventati, <a href=\"https:\/\/keepitfree.ai\/it\/announcements\/dichiarazione-sanzioni-usa\/\"><em>Dichiarazione del collettivo A\/I sulle sanzioni del governo USA<\/em><\/a>, 26 de agosto de 2026, <a href=\"https:\/\/keepitfree.ai\/\">Keep the internet free<\/a> \u2014 en italiano (Consultado o 17 de outubro de 2026).\n      <\/p>\n      <p id=\"ref29\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n          [<a href=\"#cita29\">29<\/a>]\n              OFAC, U.S. Department of the Treasury, <a href=\"https:\/\/home.treasury.gov\/news\/press-releases\/sb0616\"><em>Treasury Takes Action Against Violent Far-Left Terrorist Networks<\/em><\/a>, 26 de agosto de 2026, Press Release DoT \u2014 en ingl\u00e9s (Consultado o 17 de outubro de 2026). \n      <\/p>\n      <p id=\"ref30\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n          [<a href=\"#cita30\">30<\/a>]\n              Banca Popolare Etica, <a href=\"https:\/\/www.bancaetica.it\/area-stampa\/autistici-inventati-banca-etica-condanna-uso-improprio-ofac-valutazioni-per-non-chiudere-il-conto\/\"><em>Banca Etica e le sanzioni ad Autistici\/Inventati: no all\u2019uso delle norme anti-terrorismo contro il dissenso. Urgenti risposte istituzionali<\/em><\/a>, 01 de setembro de 2026, Area Stampa \u2014 en italiano (Consultado o 17 de outubro de 2026).\n      <\/p>\n      <p id=\"ref31\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n          [<a href=\"#cita31\">31<\/a>]\n              Autistici\/Inventati, <a href=\"https:\/\/keepitfree.ai\/it\/announcements\/ai-odv-presenta-ricorso-contro-banca-etica\/\"><em>AI ODV presenta ricorso contro Banca Etica<\/em><\/a>, 08 de setembro de 2026, <a href=\"https:\/\/keepitfree.ai\">Keep the Internet Free<\/a> \u2014 en italiano (Consultado o 17 de outubro de 2026).\n      <\/p>\n      <p id=\"ref32\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n          [<a href=\"#cita32\">32<\/a>]\n              Francesca Albanese, <a href=\"https:\/\/mastox.eu\/@FranceskAlbs\/117257526519055857\"><em>Sostengo il ricorso di Autistici\/Inventati contro Banca Etica<\/em><\/a>, 11-12 de setembro de 2026, Mastodon \u2014 en italiano (Consultado o 17 de outubro de 2026).\n      <\/p>\n      <p id=\"ref33\" style=\"padding-left: 2em;text-indent: -2em\">\n          [<a href=\"#cita33\">33<\/a>]\n              Autistici\/Inventati, <a href=\"https:\/\/keepitfree.ai\/it\/announcements\/cartella-stampa\/\"><em>Cartella Stampa<\/em><\/a>, 18 de setembro de 2026 (\u00faltima actualizaci\u00f3n), <a href=\"https:\/\/keepitfree.ai\">Keep the Internet Free<\/a> \u2014 en italiano (Consultado o 17 de outubro de 2026).\n      <\/p>\n<\/div>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Castellano English Italiano Comezamos polo final \u2014 Con data 19\/10\/2026, volvemos estar en li\u00f1a coa nosa p\u00e1xina web despois dunha ausencia dun mes durante o cal tivemos que buscar e co\u00f1ecer novas plataformas e proxectos que nos puidesen acoller, e finalmente adaptar a estrutura da antiga p\u00e1xina web, aloxada en Noblogs.org, \u00e1 nova en Sindominio.net, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":285,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"p-gina-gz","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-3494","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.sindominio.net\/laricotta\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/3494","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.sindominio.net\/laricotta\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.sindominio.net\/laricotta\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.sindominio.net\/laricotta\/wp-json\/wp\/v2\/users\/285"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.sindominio.net\/laricotta\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3494"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/blogs.sindominio.net\/laricotta\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/3494\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3616,"href":"https:\/\/blogs.sindominio.net\/laricotta\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/3494\/revisions\/3616"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.sindominio.net\/laricotta\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3494"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}