La Ricotta,
un proxecto educativo no rural

CIENCIA
ARTE
NATURALEZA
Novas
19/10/2026: Volve en liña a páxina web do Proxecto La Ricotta, despois da migración desde a plataforma noblogs.org a sindominio.net como consecuencia dos acontecementos que implicaron ao colectivo Autistici/Inventati e que levaron ao peche dos seus servizos (entre eles, a plataforma noblogs.org e o servizo de correo electrónico) e á disolución do propio colectivo. Este cambio implica tamén un cambio do correo electrónico de contacto a laricotta@sindominio.net. Agradecemos ao proxecto Sindominio que nos acollese.
Calendario

30/10/2026: Observación Astronómica: Do solpor ata a saída da Lúa. 19.15h Espazo La Ricotta, As Barreiras (Castro Caldelas, Ourense)

01/12/2026: Charla Pública, Programa Aulas +55: Por que a noite é escura? Dende un cielo estrellado ata os secretos do universo, Aula de Cultura, Izarra (Álava, País Vasco)

30/10/2026: Observación Astronómica: Do solpor ata a saída da Lúa. 19.15h Espazo La Ricotta, As Barreiras (Castro Caldelas, Ourense)

01/12/2026: Charla Pública, Programa Aulas +55: Por que a noite é escura? Dende un cielo estrellado ata os secretos do universo, Aula de Cultura, Izarra (Álava, País Vasco)

Actividades có alumnado – As actividades están deseñadas, implementadas e desenvolvidas para estudantes de escolas de todos os niveis, baseadas nun marco pedagóxico de aprendizaxe baseado na investigación (inquiry-based learning).

Curso de formación para profesores – Impártense cursos de formación para docentes co obxectivo de promover a docencia baseada en investigación, proporcionando ao alumnado ferramentas que lles permitan desenvolver aprendizaxe autónoma e abordar preguntas que aínda non forman parte do seu coñecemento.

É posible solicitar tanto actividades para estudantes como cursos de formación para docentes.

Máis información

Programas – Os programas culturais e educativos están deseñados, implementados e desenvolvidos para todo tipo de públicos, cunha duración de varios días. Realízanse tanto nas instalacións de La Ricotta como noutros contextos.

Cursos, obradoiros, sesións – Os cursos, obradoiros e encontros están deseñados, implementados e desenvolvidos para todo tipo de público. A súa duración pode variar de 1 hora a 1 semana. Realízanse principalmente en La Ricotta, pero tamén poden celebrarse noutros lugares.

É posible solicitar este tipo de actividades para públicos concretos, preferiblemente en Espazo La Ricotta, aínda que tamén poden celebrarse noutros lugares. As propostas para estas actividades tamén se poden enviar mediante o formulario específico enviado por correo electrónico.

Máis información

Eventos abertos – Son eventos para o público organizados no marco de eventos académicos. Aproveitan a presenza de científicos ou doutros expertos para charlas, experimentos e obradoiros, co obxectivo de comunicar coñecemento avanzado e os diferentes aspectos do proceso que conduce á acumulación de coñecemento. Aínda que forman parte integral do programa Xornadas das ciencias no rural, permiten a interacción directa e informal entre os participantes e todos os implicados nun evento académico.

As propostas para eventos abertos pódense enviar mediante o formulario específico, que se enviará por correo electrónico.

Máis información

Eventos académicos – Son eventos organizados en colaboración con universidades e centros de investigación, e financiados por eles. O programa científico pode ser deseñado directamente por La Ricotta ou por calquera científico interesado tanto na estrutura xeral dos eventos como na súa metodoloxía. Estes eventos son principalmente escolas de verán para estudantes predoctorais e investigadores en fase inicial. Están deseñados para eliminar barreiras económicas á participación. Os beneficios obtidos destes eventos utilízanse para apoiar todas as actividades públicas.

As propostas para eventos abertos pódense enviar mediante o formulario específico, que se enviará por correo electrónico.

Máis información